Antonio Turiel visitará Galiza os días 27, 28 e 29 de Maio de 2025.
O presenta ano 2025 estase a converter no ano do cumprimento das previsións nos dous aspectos fundamentais polos que a Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo defendemos un cambio de rumbo cultural, económico, político e social da nosa sociedade para así evitar o colapso total do noso modo de vida baseado na estabilidade climática e na abundancia de enerxía barata. Os dous aspectos principais que manexamos nas nosas palestras para defender o Decrecemento son a loita e adaptación ao cambio climático e a crise mundial no ámbito da enerxía e de materiais mineiros imprescindibles para o mantemento do mundo hipertecnoloxizado no que vivimos.
A DINA de Valencia ou o recente apagamento eléctrico deixan ver claramente que as previsións feitas desde o mundo científico e técnicos e que nós como ONG nos apoiamos para facer divulgación estaban e están no certo. Por unha banda o cambio climático esta provocando fenómenos meteorolóxicos extremos; cada vez máis extremos e con máis frecuencia. O apagamento pon encima da mesa que só existen dúas alternativas a escaseza de recursos enerxéticos: a aceptación dos principios do Decrecemento ou a barbarie. A barbarie pode permitir que os que se salven e gañen poidan desfrutar dun nivel de riqueza material igual ou superior ao actual sempre e cando sexan capaces de acaparar para os seus intereses todos os recursos mundiais excluíndo do seu uso e desfrute a inmensa maioría da poboación mundial –incluída boa parte da occidental-. Pola contra o Decrecemento aposta por un cambio radical da sociedade, do modelo produtivo e económico en aras de garantir uns bens básicos para unha vida digna de carácter universal.
Desde a Rede temos criticado en múltiples ocasións o modelo renovable que se está instalando no Estado Español por ser depredador dos territorios e por ser tecnolóxicamente inadecuado para un correcto funcionamento a grande escala. A espera de coñecer os resultados definitivos das distintas investigacións para saber a orixe da caída a cero do subministro eléctrico no Estado, parte de Portugal, Andorra e parte de Francia desde a Rede non podemos desaproveitar esta oportunidade para abrir o debate sobre o modelo renovable.Entendemos que o Estado ten o cometido de garantir a transición enerxética a fontes renovables mais debe ser cun mínimo de respecto ao territorio e con viabilidade técnica. O actual modelo que todas as administracións están impoñendo non son garantía de respecto ao medio nin contan coa viabilidade técnica que se lle debe exixir. Todo parece indicar que as dificultades de soster tecnicamente a megaproducción renovable foi o que provocou a caída do subministro. O modelo renovable de grandes instalacións provoca importantes oscilacións na frecuencia eléctrica e os sistemas de seguridade abortan a producción cando esta oscila por riba dos marxes de seguridade. Todo indica que isto foi o que sucedeu. Se a este feito lle engadimos que as empresas se negaron e se negan a inverter nos sistemas de estabilidade da frecuencia por ser moi custosos, o que ven de suceder non tería por que coller por sorpresa a ninguén que estea un pouco familiarizado das dificultades que a REE ten, para manter o servizo 24 horas ininterrompidas os 365 días do ano.
Desde a Rede defendemos un modelo renovable alternativo baseado principalmente na redución do consumo e na producción en proximidade e a pequena escala. Sen redución do consumo non hai modelo alternativo que funcione por que vivimos nun mundo de recursos limitados.
Nesta ocasión foi un gran apagamento eléctrico pero non debemos perder de vista a situación mundial do diésel. Ao igual que co subministro eléctrico no Estado que estivo en varias ocasións, antes deste pasado 28 de abril ao borde do colapso, a producción de diésel xa ten bordeado en máis dunha ocasión o desabastecemento mundial.
Desde a Rede para o Decrecemento non abandonaremos o noso empeño de informar a toda aquela persoa, asociación ou institución que estea disposta a escoitarnos das nosas análises e as nosas propostas sobre a situación dos recursos enerxéticos, mineiros e do cambio climático. Con este fin os días 27, 28 e 29 do mes de maio imos contar con Antonio Turiel en diversos actos que van desde a presentación do seu último libro en Carballo, unha asemblea aberta dirixida aos movementos sociais e sindicais en Compostela, reunión co tecido empresarial galego , coa prensa e reunión cos grupos políticos do Parlamento de Galicia (no momento de redactar este comunicado só confirmou o seu interese na visita o Grupo Parlamentario do Partido Socialista de Galicia).
29 de Abril de 2025.