3 Feb 2026, Mar

O noso traballo

Cacabelos
Encontro en Cacabelos (León)

O traballo da Rede para o Decrecemento ten dúas vertentes:

A primeira busca concienciar as persoas da necesidade de apostar polo Decrecemento como a única maneira de sair da doble encrucillada a que nos levou o crecemento continuo e na que se atopa a humanidade no momento actual. Esta doble encrucillada non é outra que as consecuencias que se están derivando do cambio climático como son o aumento da temperatura global do planeta, o aumentodo nivel do mar, a reducción e dificuldade para seguir alimentando a poboación mundial e aparición de novas enfermedades que están dando lugar a pandemias e epidemias. Por outro lado está o declive, na producción, cada vez máis pronunciado dos recusos enerxéticos e mineirios nos que se sustenta o modo de vida occidental.

A segunda busca crear sinerxias coas organizacións locais que tendo principios Decrecentistas queira empezar a crear e visibilizar unha alternativa social, económica, cultural… Para a conformación dunha sociedade Decrecentista para o futuro inmediato.

Podes colaborar connosco levando os nosos pins e camisetas, e lendo o noso libro.

Contáctanos por email ou por Whatsapp e enviámolo. Moitas grazas.

Descripción do libro

Con texto inédito de Carlos Taibo e ilustracións de Bruno L. Teixeiro

O proceso de debate e participación do Primeiro Congreso da Rede para o Decrecemento, no que chegaron a participar varios centos de persoas, buscou definir as bases para articular o Decrecemento nos territorios do Eo-Navia, Galiza e o Bierzo, partindo de que os tres conforman a mesma biorrexión e que ademais comparten dende hai séculos cultura e idioma. O libro é un compendio dos aportes de dito Congreso.

Sinopse

Libro Decrecemento Construindo Alternativa

Poucas son as análises e as propostas sociopolíticas que poden considerarse vixentes dentro dun contexto histórico como o actual que non é outro que a pandemia da COVID-19. Os postulados do Decrecemento como proposta global non só resistiron a crise do 2008 e conservan vixencia coa pandemia do SARS CoV 2 senón que as súas premisas víronse reforzadas debuxando un camiño necesario para que a humanidade non entre na corredoira dunha posíbel extinción.

Toda alternativa que busque ser o fío conductor dunha proposta global para o futuro da humanidade debe poder concretarse con debates abertos e participativos para as distintas sociedades, culturas, economías, territorios, ecosistemas… O proceso de debate e participación do Primeiro Congreso da Rede para o Decrecemento, no que chegaron a participar varios centos de persoas, buscou definir as bases para articular o Decrecemento nos territorios do Eo-Navia, Galiza e o Bierzo, partindo de que os tres conforman a mesma biorrexión e que ademais comparten dende hai séculos cultura e idioma.

O libro é un compendio dos aportes de dito Congreso, sentando as bases que son necesarias para a construcción alternativa dun modelo social no que prime a colaboración de especie frente a visión de dominación, xeralmente interesada, que hoxe impregna todo. Pretende, tamén, pór luz á vida de moitas persoas que se senten sobrepasadas polos acontecementos actuais a sabendas de que seguiremos vivindo durante as próximas décadas situacións semellantes, en forma de crises diversas cando non de colapso. En definitiva, este libro busca a reflexión sobre a necesidade dunha mudanza interior individual e colectiva aportando un enfoque crítico e esperanzador sobre a realidade das cousas, que permita dar un xiro na vida das persoas para a construcción dun futuro alternativo que se evidencia imprescindíbel.

II Congreso da Rede para o Decrecemento