25 Mar 2025, Mar

Manifesto Decrecemento COVID19

Caracol en montaña - Image by Enrique
Caracol en montaña - Image by Enrique

Desde a Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo, diante da situación da pandemia do COVID19,  acordamos dirixirnos a todas as organizacións e persoas do Estado Español e Portugal coa intención de elaborar un manifesto conxunto que teña como obxectivo último demandar unha maior presencia nos medios de comunicación da análise e propostas de futuro que xorden desde o DECRECEMENTO. Entendemos que se está realizando unha ocultación que é imposible de contrarrestar ao non ser recomendable e existir a prohibición expresa de reunións, charlas, manifestacións, …

Pretendemos realizar unha elaboración mancomunada tomando como base o documento que se anexa. Este documento ten o obxectivo de axudar no inicio do debate. Toda persoa pode facer aportacións de eliminación, modificación e/ou supresión do mesmo.

Establecese como canle de debate dous métodos:

1º.-Grupo de Telegram ao que se pode acceder co seguinte enlace:

https://t.me/joinchat/OXx60BKp4h_k0yLmYmZkbQ

2º.-Grupo de Facebook ao que se pode acceder con seguinte enlace

https://www.facebook.com/groups/626393517939095/

Será a Rede para o Decrecemento a organización encargada de reunir as aportacións e sintetizar o documento definitivo ENTRE o DÍA 13 e 14 DE ABRIL

O prazo máximo para o envío de propostas é o domingo 12 de Abril e o XOVES 16 dará inicio a recollida de apoios.

IDIOMA

O manifesto unha vez pechado será subido a algunha páxina (por definir) de recollida de sinaturas de apoio. Será publicado en todos os idiomas peninsulares que as persoas participantes do debate deseen sempre e cando proporcionen a correspondente tradución.

Unha vez activada a recollida de sinaturas a Rede para o Decrecemento enviará comunicado de prensa informando da existencia da iniciativa.

Atopámonos nos grupos de debate.