Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Actos polo Día Internacional para o Decrecemento 17/Xaneiro/2026, Carballo

Xaneiro 17
dia decre Carballo 2026

Xornadas sobre soberanía alimentaria

Carballo polo Día Internacional para o Decrecemento 2026

Continúa medrando a Rede polo Decrecemento de Carballo, e este sábado 17, celebra no Casino, o Día Internacional do Decrecemento cunha xornada chea de actividades,

As actividades comezan ás 11:00h coa apertura da Feira Artesanal, que estará aberta durante todo o día.

A partir das 11:30h hai unha Palestra “Soberanía alimentaria, produción labrega” da man do Sindicato Labrego Galego.

A partir das 13:00h abre a barra para Sesión vermú con “Afroliada”, cunha maridaxe de músicas e bailes tradicionais africanos e galegos.

Ás 14:00h haberá Xantar comunitario, ao que invitan que cada cadaquén traia a comida que considere para compartir.

Ás 16:00h haberá unha nova Palestra, sobre “Sementamos soberanía, colleitamos comunidade” da man da Fundación Galicia Verde, para dar peche, contra ás 18:00h, á festiva xornada.

Detalles

  • Data: Xaneiro 17

Protagonista

Recinto

  • Casino 1889
  • Avda. Vázquez de Parga, 1
    Carballo, A Coruña 15100 Spain
    + Google Map