Nos últimos anos, dende a Rede para o Decrecemento de Galicia, Eo Navia e o Bierzo vimos celebrando o Día Internacional para o Decrecemento (12 de xaneiro) para conmemorar o nacemento de Serge Latouche, unha das figuras claves do movemento.
Este ano en Carballo, no Casino, van a celebralo cunhas xornadas sobre soberanía alimentaria que van a ter lugar o sábado 17 de xaneiro.
En Vigo, o xoves 22 de xaneiro vaise realizar unha charla no Centro Social “A Nubeira” (Rúa Pizarro, 6) para dar a coñecer a iniciativa do Día Internacional e reflexionar en conxunto sobre as implicacións do decrecemento: Por qué, qué e quén debe decrecer.
Ademáis, nesta charla falárase do interesante proceso que culminará no Foro Social Máis Aló do Crecemento (https://beyondgrowth.es/foro-social-2026/) que vai a ter lugar na Universidad Autónoma de Madrid o 13 e 14 de febreiro.




